Abierto el plazo de inscripción en las Escuelas Deportivas de Barbadás

OurenseXa
Las personas interesadas en anotarse podrán hacerlo hasta final de mes
escolas-deportivas-barbadas-baloncesto
Escuela Deportiva de baloncesto de Barbadás
7 Jun 2025

O Concello de Barbadás iniciou o período de inscrición para as Escolas Deportivas de cara á nova tempada. Os interesados poderán presentar as súas solicitudes ata o próximo 30 de xuño, a través do rexistro xeral do Concello ou mediante a sede electrónica.

As inscricións pódense formalizar na Casa Consistorial e nas oficinas municipais da Valenzá, ambas cun horario de atención de 8:30 a 14:30 horas. Ademais, o Polideportivo Municipal mantén un horario ampliado para facilitar o trámite, abrindo de 10:00 a 13:00 horas e pola tarde de 16:00 a 20:00 horas.

Entre as novidades para este ano, desde a organización anunciaran a intención de formar un equipo infantil mixto, dirixido a nenos e nenas nacidos en 2012 e 2013, co obxectivo de fomentar a participación e o deporte inclusivo entre os máis novos.

⚙ Configurar cookies
0.18028712272644