Barbadás estrea novo alumeado público
OurenseXa
O Concello instalou 16 novos puntos de luz en varias vías municipais

Curva de la Iglesia de Piñor, Barbadás
4 May 2025
O Concello de Barbadás vén de mellorar o alumeado público coa instalación de 16 novos puntos de luz en varias vías municipais, co obxectivo de reforzar a seguridade dos condutores e condutoras así como a accesibilidade da poboación.
Así, foron instalados novos puntos de luz na curva da Igrexa de Piñor e na rúa Fulón, en Sobrado. A actuación enmárcase dentro do Plan de Obras do Concello de Barbadás, aprobado polo Goberno local este 2025 e que conta cun orzamento de 1,1 millóns de euros.