Barbadás organiza un curso de manipulación de alimentos

OurenseXa
A actividade terá lugar o 20 de outubro e require inscrición previa
cartel-manipulador-de-alimentos-cervo
12 Oct 2025

A Concellería de Promoción Económica e Formación do Concello de Barbadás poñerá en marcha unha nova edición do curso de Manipulación de Alimentos, dirixido a todas aquelas persoas interesadas en adquirir coñecementos básicos sobre hixiene e manipulación segura dos alimentos.

O curso celebrarase o 20 de outubro, en horario de 09:00 a 13:00 horas, no CET Barbadás. As persoas interesadas en participar poden inscribirse chamando ao 988 360 413 ou enviando un correo electrónico a cet@barbadas.es.

⚙ Configurar cookies
0.079545021057129