La Casa de los Poetas acoge este viernes la presentación del nuevo libro de Jorge Emilio Bóveda

La Casa de los Poetas de Celanova acollerá este venres, 20 de marzo de 2026, ás 19.30 horas, a presentación do libro As portas condenadas, escrito por Jorge Emilio Bóveda. No acto estará acompañado por David González Couso, filólogo, ensaísta e profesor.
Trátase da oitava publicación que Bóveda presenta na sede da Fundación Curros Enríquez, tras títulos como O monstro de Ille (2017), As sete mortes de Leopoldo Pardo (2018), Ternos propietarios (2019), O libro cero e Anoitece en Vulgaria (2022), Caixa B (2023) e A palabra salvaxe (2024).
Natural de Ourense, Jorge Emilio Bóveda é director e docente do CEIP Curros Enríquez de Celanova. Escritor en galego e castelán, conta no seu haber con varias novelas, relatos e algún ensaio, ademais de participar en obras colectivas.