La Xunta pone en valor a contribución de 'Estudios Abiertos' a la cultura y el arte en Ourense
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación da primeira edición de Estudos Abertos en Ourense, onde salientou o compromiso da Xunta de Galicia coa difusión da arte contemporánea. Trátase dunha iniciativa na que, desde hoxe ata o domingo, abriranse as portas de 14 espazos para amosar as obras de máis de 25 artistas galegos e internacionais.
No marco desta inauguración, o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude visitou na cidade das Burgas os espazos de Isabell Seidel, Natasha Lelenko, O Cabalo Fosforito e Expoplanetarium. Neste percorrido polas diferentes entidades, agradeceu aos organizadores a súa implicación co impulso do traballo dos creadores a través deste proxecto que reúne tanto artistas noveles como consagrados e que proveñen de modalidades artísticas diversas como a pintura, a escultura, a ilustración, a colaxe, as artes visuais, a arte sonora, a conceptual, as instalacións ou as feita na rúa.
Neste senso, o director xeral de Cultura, puxo en valor a concepción da iniciativa como “unha feira de arte descentralizada na que poder descubrir como e onde traballan os artistas no seu día a día”. Deste xeito, destacou o compromiso do Goberno galego coa actividade destes profesionais, tal e como se reflicte nas axudas para a participación en feiras e certames convocadas pola Administración autonómica.
Ademais das entidades que se encontran no centro da cidade de Ourense, Estudos Abertos tamén abrirá as portas de media decena de espazos que se atopan nas localidades limítrofes de Amoeiro, Coles, Vilamarín, Taboadela e Paderne de Allariz.