O Centro Tecnolóxico da Carne de Galicia impartirá unha charla na Biblioteca de Maceda

OurenseXa
Será este luns, 24 de novembro, para dar a coñecer o seu traballo e explicar como a investigación e a innovación poden axudar a aumentar o valor dos produtos do rural
charla.rural-biblio-macda
24 Nov 2025

Dentro das actividades do mes da ciencia nas bibliotecas, o próximo 24 de novembro terá lugar na Biblioteca Pública Municipal de Maceda unha charla titulada “Do campo ao valor engadido: mellorar a rendibilidade dos produtos agrarios e gandeiros”.

O Centro Tecnolóxico da Carne de Galicia visitará a biblioteca para dar a coñecer o seu traballo e explicar como a investigación e a innovación poden axudar a aumentar o valor dos produtos do rural galego. Durante a sesión, falarase de experiencias e oportunidades reais para transformar e facer máis rendible o que se produce no agro galego.

A actividade comezará ás 19:00 horas e estará aberta a todas as persoas interesadas, sendo de acceso gratuíto.

⚙ Configurar cookies
0.08726692199707