O Concello de Ourense e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia asinan un convenio para facilitar trámites administrativos

OurenseXa
Ambas institucións acordaron ademais desenvolver actividades conxuntas como organización de xornadas técnicas sobre mobilidade que se celebrarán na cidade no mes de marzo
jaome-convenio-mobilidade
5 Feb 2026

O Concello de Ourense e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración para facilitar trámites administrativos e desenvolver actividades conxuntas.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asinou esta mañá o acordo co decano do colexio, Enrique Urcola Fernández-Miranda, tras unha reunión no salón de plenos na que tamén participaron representantes do Concello e do colexio.

Segundo destacaron, Ourense é a primeira cidade galega que establece este tipo de colaboración co colexio profesional. O convenio pretende fomentar a cooperación en materias relacionadas coa enxeñería e mellorar a eficiencia dos procesos administrativos.
Ademais, entre as actividades previstas está a organización de xornadas técnicas sobre mobilidade, que se celebrarán en Ourense no mes de marzo.

⚙ Configurar cookies
0.081849098205566