O XI Ciclo de Música de Cámara da Fundación Vicente Risco continúa en xullo cun concerto da clarinetista Antía Lago

OurenseXa
Será este sábado na sede da fundación
antia-lado-allariz
2 Jul 2025

O sábado 5 de xullo ás 20:00 horas, na sede da Fundación Vicente Risco en Allariz, celebrarase o segundo concerto do XI Ciclo de Música de Cámara. A clarinetista Antía Lago será a protagonista do evento, que conta coa coordinación de Brais González.

O programa inclúe as “3 Romanzas” de Clara Schumann (Andante Moito, Allegretto e Leidenschaflich schnell), o Dúo para clarinete e piano, op. 15 de Norbert Burgmüller, e “Time Pieces”, op. 43, de Robert Muczynski.
Antía Lago Nieto comezou os seus estudos de clarinete aos seis anos no Ateneo Musical de Bembrive e desenvolveu a súa formación en distintos conservatorios e con profesores recoñecidos. En 2024 graduouse con matrícula de honra no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Actualmente forma parte de varias orquestras novas e colabora con agrupacións como Caspervek e a Orquestra Sinfónica Vigo 430.

O concerto promete ser unha cita destacada para os amantes da música de cámara na comarca.

⚙ Configurar cookies
0.17032814025879