A Deputación de Ourense destina máis dun millón de euros ao Concello de Verea durante o presente mandato para impulsar o rural

OurenseXa
A institución provincial e o Concello supervisan actuacións no Multiusos e no Fogar Residencial de Maiores dentro do Plan CooperOU
luis-menor-visita-verea
23 Jun 2026

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, desprazouse hoxe ao municipio de Verea acompañado polo alcalde, José Antonio Pérez, para visitar diferentes actuacións que contan co apoio da institución provincial.

A comitiva estivo tamén integrada polo concelleiro Marcos Nogueiras e pola deputada provincial Teresa Barge. Durante o percorrido, coñeceron o estado das obras do complexo multiusos e do Fogar Residencial de Maiores, dous proxectos considerados fundamentais para o desenvolvemento social, cultural e asistencial do municipio.

No caso do novo espazo multiusos, trátase dunha infraestrutura destinada a acoller actividades culturais, deportivas e sociais, mentres que o Fogar Residencial de Maiores se presenta como un equipamento esencial para favorecer que as persoas maiores poidan permanecer no seu entorno.

Na visita tamén se analizou o Plan CooperOU, a través do cal Verea recibirá neste mandato un total de 700.000 euros. Luis Menor destacou que este sistema garante unha asignación de recursos “de forma transparente e obxectiva”, o que permite aos concellos unha mellor planificación.

O alcalde de Verea, pola súa parte, puxo en valor a “previsibilidade” que ofrece este modelo de financiamento, que facilita a planificación orzamentaria municipal.

Segundo os datos achegados, o investimento total da Deputación de Ourense no municipio neste mandato supera o millón de euros, sumando o Plan CooperOU e outras achegas, cifra que se sinala como a maior realizada ata o momento na zona.

0.13818001747131