A Festa dos Foros celebra a súa vixésima edición este sábado en Seixalbo

OurenseXa
A programación inclúe sesión vermú, xantar veciñal, foliada, obradoiros de baile e concertos ao longo de toda a xornada
festa-dos-foros-seixalbo
26 Jun 2026

A parroquia ourensá de Seixalbo acollerá o sábado 27 de xuño a XX edición da Festa dos Foros, unha celebración que combinará actividades gastronómicas, musicais e de tradición popular ao longo de toda a xornada.

A programación dará comezo ás 13:00 horas cunha sesión vermú e un xantar veciñal por barrios. Xa pola tarde, ás 19:00 horas, celebrarase unha foliada e unha ronda polas adegas, que contará coa participación dos grupos Cantares da Cuña e Airiños de Caldelas.

Ás 21:00 horas está previsto un obradoiro de baile tradicional impartido por Adrao Casal, dirixido ás persoas asistentes que desexen participar nesta actividade formativa.

A partir das 22:00 horas comezará a programación musical nocturna co concerto do grupo Tandub, que se prolongará ata as 23:30 horas. O peche da xornada correrá a cargo de Trapallada, que actuará entre as 23:45 e a 01:30 horas.

0.13601803779602