Escolares de Ourense escollen a peza gañadora do Premio Xove do festival Sólodos en Danza

OurenseXa
A actividade reuniu alumnado de distintos centros da cidade nunha xornada didáctica arredor da danza contemporánea
festival-tecendo-solodos-ourense
13 Jun 2026

Ourense acolleu este venres unha exhibición de danza contemporánea ao aire libre na praza da Escola Municipal de Música, nunha iniciativa da Concellería de Educación que reuniu arredor de 300 alumnos e alumnas de 6º de Primaria e Secundaria de varios centros educativos da cidade.

A actividade enmárcase nas propostas de fin de curso e permitiu ao alumnado asistir ás actuacións das catro pezas finalistas do certame internacional Sólodos en Danza, un festival coreográfico iberoamericano que promove o intercambio cultural e a creación contemporánea.

Nesta edición, o público escolar participou activamente na elección da obra gañadora a través das súas votacións, converténdose así no xurado do denominado Premio Xove. As pezas interpretadas foron “Principio de incertidumbre”, “Unarys”, “A vergonza era verde e comeuna unha vaca” e “Pack-back”, sendo esta última a finalmente premiada.

Tras as actuacións, os asistentes puideron manter un encontro cos intérpretes e creadores, nun formato pensado para achegar a danza contemporánea ao público máis novo e fomentar o interese pola expresión artística e o movemento.

0.12557196617126