Luis Menor defende a innovación social, a xestión eficiente da auga e o termalismo como eixos do futuro da provincia de Ourense

OurenseXa
O presidente do PP de Ourense participou no Foro de Deputacións en Castellón, onde expuxo a estratexia provincial baseada na dixitalización, o impulso do termalismo terapéutico e o reforzo das políticas sociais
luis-menor
3 Jul 2026

O presidente do Luis Menor participou hoxe no Foro de Deputacións do Partido Popular celebrado en Castellón, acompañado por unha delegación de representantes institucionais de Ourense, nun encontro no que puxo o foco na innovación social, a xestión eficiente da auga e o termalismo terapéutico como liñas estratéxicas para o futuro da provincia.

Durante a súa intervención, Menor expuxo o modelo de xestión política en Ourense e afirmou: “facer provincia todos os días desde a innovación e non desde o conformismo, porque iso está no ADN do Partido Popular”.

No ámbito do termalismo, destacou o peso da provincia como a segunda potencia termal de Europa, só por detrás de Budapest, e subliñou o aproveitamento deste recurso como oportunidade económica e social a través de programas como o termalismo social, que xera máis de 7 millóns de euros para os balnearios ourensáns. Ademais, apuntou á evolución desta estratexia cara ao impulso do termalismo terapéutico como recurso sanitario, coa vista posta na súa integración progresiva no Sistema Nacional de Saúde.

En materia de auga, Menor defendeu a necesidade de avanzar na modernización e dixitalización da xestión dos recursos hídricos. Neste sentido, explicou que, a través do programa europeo PERTE da auga, estase a executar un investimento de 13,5 millóns de euros que xa permitiu a instalación de máis de 63.000 contadores intelixentes en 74 municipios da provincia. O seguinte paso será a creación dun Centro Intelixente para a Xestión da Auga, co obxectivo de acadar un modelo máis eficiente e sustentable.

Por outra banda, tamén puxo o foco na evolución das políticas sociais, defendendo unha estratexia máis integral de benestar que combine cooperación institucional, innovación tecnolóxica e apoio ao envellecemento activo, superando o enfoque centrado unicamente no financiamento do terceiro sector. Neste eido, destacou que desde a Deputación de Ourense se incrementou o orzamento social nun 70% respecto a anos anteriores, achegando 600.000 euros.

0.14345788955688