O Embarcadero de Ribela acollerá un curso de iniciación ao piragüismo para nenos e nenas durante o mes de xullo

O Embarcadoiro de Ribela será escenario este verán dun curso de iniciación ao piragüismo destinado a nenos e nenas de entre 6 e 14 anos, unha actividade coa que se pretende achegar este deporte aos máis novos nun contorno natural.
A iniciativa, organizada por Piragüismo Ourense, xa ten abertas as inscricións e desenvolverase ao longo de diferentes quendas durante o mes de xullo.
O programa está pensado como unha experiencia de aprendizaxe e lecer ao aire libre, na que se combina a práctica deportiva coa convivencia e o contacto coa natureza, fomentando hábitos saudables e a socialización entre os participantes.
Desde a organización destácase que se trata dunha actividade dirixida a ofrecer unha primeira toma de contacto co piragüismo, nun formato lúdico e adaptado ás idades dos participantes.
As prazas son limitadas e as inscricións xa se atopan abertas.