A aldea de Meri festexa o San Andrés 2025 do 27 ao 30 de novembro

Haberá música e actividades infantís para desfrutar das celebracións en familia
festas-san-andres-meri
22 Nov 2025

A aldea de Meri, situada na parroquia de Armariz, en Xunqueira de Ambía, clebra as súas Festas na honra a San Andrés do 27 ao 30 de novembro, cun programa onde no faltará a música.

O xoves, as celebracións darán comezo ás 16:30 horas cunha misa, que se repetirá o venres á mesma hora. A festa continuará a noite do 28 a partir das 23:30 horas cunha verbena amenizada pola Disco Mobil Show, a cargo de DJ Pablo Beat.

O sábado, as celebracións comezarán xa ás 12:00 horas cunha misa e procesión coa charanga A Felga, que tamén amenizará a sesión vermú no Local Social. Para os nenos, de 17:30 a 19:00 horas haberá unha animación infantil a cargo de Ociosaugal e, despois, comezará de novo a charanga, seguida doutra sesión de Pablo Beat a partir das 23:00 horas.

O domingo, 30 de novembro, as festas remataran cunha misa solemne acompañada dos gaiteiros Aturuxos do Miño.

⚙ Configurar cookies
0.080078840255737