Novas de Barbadás
Barbadás ten aberta a convocatoria de axudas ás súas asociacións veciñais con 16.000 euros para 2026
O Concello destina ata 2.000 euros por entidade para impulsar actividades culturais, sociais, deportivas e formativas organizadas polos colectivos veciñais do municipio
Barbadás acollerá unha xornada de doazón de sangue o vindeiro 5 de novembro
A unidade móbil instalarase na avenida de Celanova para recoller doazóns durante toda a xornada, en horario de mañá e de tarde
Membros do Ximnasio Estudio A Valenza fórmanse en defensa persoal de cara aos obradoiros do 25N
Varios integrantes do club actualizaron os seus coñecementos en defensa persoal nun curso celebrado en Vigo, previo aos obradoiros gratuítos que impartirán para mulleres con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Veciños de Barbadás visitan o Complexo Medioambiental de Sogama para coñecer de preto a reciclaxe
Unha xornada formativa permitiu ao grupo comprobar, mediante unha ruta mixta virtual e presencial, que ocorre co que depositan cada día no caldeiro amarelo e no resto do lixo
O PSOE de Barbadás pedirá no pleno mellorar as condicións laborais nas escolas infantís de 0 a 3 anos
Os socialistas piden un convenio con subas salariais, menos nenos por aula, a parella educativa nas clases e máis medios para a atención temperá
Javier Rodríguez Rajo será o candidato do PP á alcaldía de Barbadás nas municipais de 2027
O novo presidente da xestora local e anterior vicerreitor do Campus de Ourense sitúa entre as súas prioridades mellorar as infraestruturas, atender as necesidades de maiores e mozos e reactivar o comercio
Barbadás dinamiza o comercio e a hostalaría local co 'Merca e Degusta', música e un concurso de pinchos
A iniciativa desenvólvese ao longo de dous sábados consecutivos e combina horarios especiais nos comercios, descontos, actuacións musicais e animación infantil na rúa
O BNG pide á Xunta e ao Concello de Barbadás que impulsen a construción dun instituto de secundaria
A formación nacionalista presentou unha moción para a construción dun centro de Educación Secundaria e Bacharelato, unha infraestrutura reivindicada desde hai máis de 15 anos nun municipio que supera os 11.000 habitantes
Barbadás revisa o servizo de transporte urbano trala recepción de queixas veciñais por saturación en certos horarios
O Concello solicitou datos á empresa concesionaria sobre o número de viaxeiros e os posibles picos de afluencia nas franxas horarias do mediodía
O PSdeG-PSOE de Barbadás propón no pleno abrir e dinamizar o Museo Etnográfico de Loiro
O grupo socialista defende que este espazo, que reúne pezas e fotografías sobre a vida tradicional do século XX, pode converterse nun recurso cultural e turístico de referencia para todo o municipio
As socialistas de Barbadás piden un plan para conservar as instalacións deportivas
As concelleiras socialistas reclaman máis recursos para o mantemento, a renovación de material deteriorado e a execución das actuacións previstas para 2026
Barbadás estrea un mural colectivo dedicado a Clara Campoamor no Parque dos Patos
A iniciativa enmárcase nun programa municipal de apoio a mulleres en situación de vulnerabilidade e contou coa participación de usuarias dun centro ocupacional do municipio
O PSdeG-PSOE de Ourense acusa ao PP de querer limitar o transporte metropolitano aos polígonos industriais
Os socialistas reclaman manter o proxecto piloto de oito liñas para os oito concellos da contorna e esixen un calendario público de implantación
A Peroxa e Barbadás protagonizan as primeiras rutas do programa ‘Mergúllate na Comarca de Ourense’ promovido por Adercou
As actividades combinaron sendeirismo, patrimonio, visitas culturais e degustación de produtos locais a través de dous percorridos pola comarca
Barbadás organiza unha xornada gratuíta para descubrir o seu patrimonio natural, cultural e gastronómico
O municipio ourensán convida este domingo a veciños e visitantes a percorrer as súas paraxes naturais, degustar produtos locais e coñecer un museo dedicado a un instrumento tradicional galego
Barbadás pon en marcha un novo obradoiro de emprego dual en aproveitamentos forestais e atención sociosanitaria
A iniciativa formativa ofrecerá dous certificados profesionais de nivel 2 dirixidos a persoas desempregadas que cumpran unha serie de requisitos de acceso
Un programa gratuíto propón descubrir a comarca de Ourense combinando sendeirismo, gastronomía e patrimonio cultural
A iniciativa contempla seis xornadas gratuítas en distintos concellos que combinarán rutas guiadas, degustacións de produtos locais e visitas culturais para poñer en valor o territorio
Eventos
O pleno de Barbadás aproba por unanimidade instar ao goberno local a impulsar o transporte metropolitano
A moción, presentada pola formación nacionalista, reclama acelerar a posta en marcha dun servizo moi demandado pola veciñanza e que leva anos sen concretarse
Barbadás presenta o Plan de Obras 2026 cun investimento de 3,3 millóns de euros
As actuacións previstas buscan mellorar infraestruturas deportivas, viais, zonas verdes e parques infantís en practicamente todo o concello
Barbadás abre a convocatoria de axudas para libros e material escolar de Educación Infantil
O prazo para solicitar as subvencións, de ata 100 euros por alumno, permanecerá aberto durante un mes tras a súa publicación no boletín provincial
A Deputación de Ourense reparte preto de 1,5 millóns de euros entre concellos e entidades do tecido asociativo
A institución provincial aproba 47 acordos que combinan axudas para actuacións municipais con apoios a colectivos sociais, culturais, deportivos e de promoción turística do territorio
Barbadás retoma a súa cita comercial mensual coa Feira do 2 na Valenzá
O Paseo dos Amieiros acolle este mércores a primeira edición do mercado tras o verán, cunha variada oferta de postos e a tradicional pulpeira
Mercedes Peón chega este xoves a Barbadás co seu espectáculo 'Deixaas'
O concerto, integrado no Verán Cultural do Concello, terá lugar ás 21.00 horas no Parque dos Patos da Valenzá
O GDR Adercou programa seis rutas para descubrir o patrimonio e os sabores da provincia de Ourense
O ciclo combina sendeirismo interpretativo, visitas culturais e degustacións de produtos locais en cinco concellos da provincia









