Novas de Pereiro de Aguiar
O colexio Ben Cho Shey do Pereiro de Aguiar avanza nas obras de ampliación da súa superficie
Os traballos, que incrementarán nun 40 % a superficie do centro, atópanse nunha fase avanzada e permitirán dotalo de máis espazo e instalacións renovadas
A Deputación de Ourense aproba 1,46 millóns en axudas para deporte, cultura e patrimonio
As axudas aprobadas beneficiarán a varios concellos, con partidas destinadas a renovar campos de fútbol, conservar o patrimonio eclesiástico e sosteñer actividades universitarias e de acción social
Licitada a obra de reforma e modernización do pavillón municipal da Chaira no Pereiro de Aguiar
A actuación permitirá renovar as instalacións deportivas para convertelas en espazos máis cómodos, modernos e funcionais, e inclúe a creación dun novo ximnasio municipal
O Pereiro de Aguiar reabre a súa axuda de 250 euros por cada nacemento, adopción ou tutela
O Concello pon en marcha unha nova convocatoria desta tarxeta dirixida a familias empadroadas, cun prazo que se estende ata mediados de decembro
O Pereiro de Aguiar pon en marcha dúas novas axudas dentro do Plan Reactiva Pereiro
O Concello activa dúas liñas de apoio económico, unha dirixida a deportistas individuais federados con bos resultados en competición e outra pensada para aliviar os gastos das familias numerosas empadroadas no municipio
O Pereiro de Aguiar rehabilita cinco fontes-lavadoiros en varias aldeas do municipio
Os traballos enmárcanse no Obradoiro Dual de Emprego 'Terra de Mosteiros 2026' e afectan a cinco infraestruturas tradicionais repartidas por distintos núcleos do municipio
Trece colexios de Ourense participan no programa piloto de vacinación infantil fronte á gripe
A campaña, dirixida a preto de 3.700 escolares entre 4º de infantil e primaria, desenvólvese entre o 13 e o 20 de outubro mediante unha vacina intranasal administrada nos propios centros
O Pereiro de Aguiar avanza na rehabilitación da Casa de Ben-Cho-Shey
O proxecto conta cun investimento de 200.000 euros e permitirá acondicionar o inmoble para o seu futuro uso como espazo expositivo
A ampliación do parque empresarial de Pereiro de Aguiar avanza coa redacción do proxecto para adquirir os terreos
A terceira fase permitirá sumar case 231.000 metros cadrados ao polígono cun investimento previsto de 19,8 millóns de euros
O Pereiro de Aguiar continúa cos traballos de mellora das pistas deportivas municipais
As actuacións xa chegaron ás instalacións de Tapada de Bouzas e Vilariño e continuarán en diferentes puntos do concello
O Pereiro de Aguiar programa unha tarde de microteatro para toda a familia
Dramiño Teatro representará este sábado varias pezas no Auditorio dos Gozos a partir das 19.00 horas
O Pereiro de Aguiar mellora os espazos da Galiña Azul cun investimento de 20.000 euros
As actuacións realizáronse en zonas interiores e exteriores do centro, que conta con preto de 50 nenos e nenas matriculados
Pereiro de Aguiar aproba a nova RPT e unha modificación de crédito de 400.000 euros
A modificación orzamentaria permitirá financiar diversas melloras no municipio, entre elas actuacións nas canchas deportivas e o cambio do céspede do campo da Carabina
O Pereiro de Aguiar reforza os traballos de limpeza e mantemento en estradas e núcleos urbanos
Os traballos inclúen o desbroce e limpeza de 87 hectáreas, actuacións en máis de 170 quilómetros de estradas e pistas e o acondicionamento dos núcleos urbanos
O PSdeG-PSOE de Ourense acusa ao PP de querer limitar o transporte metropolitano aos polígonos industriais
Os socialistas reclaman manter o proxecto piloto de oito liñas para os oito concellos da contorna e esixen un calendario público de implantación
O Pereiro de Aguiar abre as portas da súa aula de teatro cunha xornada informativa
O Auditorio Os Gozos acollerá o vindeiro xoves un encontro para dar a coñecer esta actividade municipal a todas as persoas interesadas
O Festival Xoldra de Aguiar regresa este sábado a Pereiro cunha xornada de música, maxia e tradición
A entrada será libre e a xornada contará coas actuacións de Treixadura, As Lapacaldas e un novo espectáculo de maxia de Pablo Estévez
Eventos
O colexio Ben-Cho-Shey amplía as súas instalacións cun investimento de máis de 2 millóns de euros
O centro incorpora novas aulas e espazos para atender ao preto de 300 alumnos e alumnas matriculados, mentres avanza o proxecto do futuro instituto do municipio
Un programa gratuíto propón descubrir a comarca de Ourense combinando sendeirismo, gastronomía e patrimonio cultural
A iniciativa contempla seis xornadas gratuítas en distintos concellos que combinarán rutas guiadas, degustacións de produtos locais e visitas culturais para poñer en valor o territorio
A Biblioteca do Pereiro pon en marcha unha nova actividade de fomento da lectura para os máis pequenos
A proposta desenvolverase en sesións semanais organizadas por grupos de idade, cun número limitado de prazas e inscrición previa por teléfono
O Pereiro de Aguiar abre as inscricións para as actividades deportivas do novo curso
O programa inclúe disciplinas para nenos, mozos e adultos, co inicio das clases para persoas adultas previsto para o 1 de outubro
A verbena xacobea repasará este venres a evolución da verbena galega no Pereiro de Aguiar
A montaxe combina música en directo, baile, humor e imaxes para percorrer as orquestras e festas populares galegas desde o século pasado ata hoxe
O Pereiro de Aguiar acollerá unha xornada para coñecer e preservar a toponimia local
A actividade 'Toponimízate! Falámosche dos nomes da túa terra' celebrarase o 11 de setembro no Centro de Maiores Os Gozos
O GDR Adercou programa seis rutas para descubrir o patrimonio e os sabores da provincia de Ourense
O ciclo combina sendeirismo interpretativo, visitas culturais e degustacións de produtos locais en cinco concellos da provincia










