Novas de A Peroxa
A Praza do Concello da Peroxa acollerá a proxección de "Rondallas" dentro do ciclo Cine de Verán
A sesión, de acceso gratuíto, celebrarase o domingo 2 de agosto ás 22.30 horas coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense
O Teleclub de Toubes organiza unha fin de semana chea de festa
O programa polas festas na honra de Santiago e Santa Ana inclúe actos relixiosos, sesións vermú con DJ DAB, un bingo musical, xogos de auga para a rapazada e actividades no Teleclub
A Deputación de Ourense leva o cinema ao rural con 30 sesións ao aire libre en toda a provincia
O programa "Circuíto Provincial de Cine de Verán" chegará este verán a municipios sen infraestruturas estables e incluirá unha carteleira con protagonismo para o cinema galego
A Peroxa celebra as festas de San Bieito na parroquia de San Ginés
A celebración comezará o venres cun churrasco con pincho a partir das 22.00 horas
A Peroxa celebra en Turbisquedo as festas na honra a San Cristovo e San Benito do 10 ao 12 de xullo
As celebracións arrancarán o venres 10 de xullo cunha procesión e misa solemne na honra a San Cristovo, que dará comezo ás 12.00 horas
O PP denuncia atrasos na redacción do proxecto dos carrís de adiantamento da N-120 entre Os Peares e Ourense
Os populares critican que o Ministerio continúe a afirmar que “están a redactar” o proxecto construtivo e reclaman a licitación das obras en 2026
A Peroxa pon en marcha o programa Concilia Verán 2026 do 25 de xuño ao 4 de setembro
Poderán anotarse nenos e nenas de entre 4 e 16 anos
A Peroxa acolle esta tarde a proxección da película ‘Barbie’ no Auditorio Municipal o 20 de xuño
A iniciativa forma parte das actividades impulsadas a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero
A Peroxa acollerá a proxección da película ‘Barbie’ no Auditorio Municipal o 20 de xuño
A iniciativa forma parte das actividades impulsadas a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero
A BTT A Peroxa regresará o 13 de setembro para celebrar a súa terceira edición
A proba deste ano contará con dous percorridos, de 30 e 40 quilómetros respectivamente
Os Peares celebrará a súa II Festa Sen Fronteiras para reivindicar a unión veciñal
Será do 29 ao 31 de maio, con actuacións musicais na praia fluvial dos Peares, nun espazo situado na propia fronteira natural entre as provincias de Lugo e Ourense
O Concello da Peroxa repartirá mañá trampas para velutinas entre a veciñanza
As persoas interesadas deberán levar as trampas de anos anteriores
Aberto o prazo para anotarse no Programa Concilia Semana Santa da Peroxa
As actividades desenvolveranse os dás 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril e están dirixidas a nenos e nenas de entre 4 e 16 anos
A Ribeira Sara ourensá terá a súa primeira Feira do Viño
O presidente da Deputación de Ourense mantivo este martes un encontro con representantes institucionais dos municipios que conforman a Ribeira Sacra para comezar a traballar nesta proposta
O CIM Mancomunidade de Santa Águeda entregou os premios do VI Certame “Enchemos de cor a Mancomunidade”
A iniciativa buscou promover a igualdade a través da creatividade e contou coa participación dos tres centros educativos da Mancomunidade, así como a Escola Infantil de Coles
Rematan os traballos de mellora paisaxística na contorna do Castelo da Peroxa
As intervencións realizadas consistiron na mellora da paisaxe agraria e na conservación de alados e sebes
A Peroxa celebra o éxito da xornada organizada pola Asociación de Mulleres O Rial para conmemorar o 8M
Coa representación “Mulleres de aquí e de alí”, a asociación rendeu homenaxe ás mulleres nunha sesión de teatro, humor e convivencia veciñal
Eventos
OcioenGalicia
XLI Festa ó Emigrante de Pol
OcioenGalicia
VII Fiesta del Peregrino de Triacastela
OcioenGalicia
IX Ares Indiano
A Asociación de Mulleres O Rial presenta “Mulleres de aquí e de alí” na Peroxa
A función será este domingo con motivo do 8M
O CIM Mancomunidade Santa Águeda organizará charlas gratuítas sobre aforro enerxético
A iniciativa levarase a cabo nos catro municipios que integran a mancomunidade: A Peroxa, Amoeiro, Coles e Vilamarín
O Senado insta ao Goberno a acometer unha rehabilitación integral e urxente da N-120 en Lugo
Os senadores do PP de Lugo lograron sacar adiante unha medida para solicitar o arranxo da vía ao seu paso pola provincia de Lugo e o cumprimento do compromiso de executar o terceiro carril entre Os Peares e Ourense
A Peroxa repartirá este martes 1.375 euros en premios no Desfile de Disfraces e Comparsas do Entroido
O desfile partirá ás 17:30 horas da Praza do Concello e percorrerá as rúas da vila
O Concello da Peroxa lanza o terceiro curso do Reto Rural Dixital
Os participantes aprenderán competencias básicas para o uso do teléfono móbil e de internet
A provincia de Ourense permanece en alerta polo estado da rede viaria a causa das intensas choivas
As autoridades advirten dun aumento significativo dos caudais e piden aos condutores precaución ante o estado actual das estradas na provincia e posibles novos asolagamentos
Comezan as clases de pilates e ximnasia de mantemento na Peroxa
As sesións terán os martes e xoves no baixo do Consorcio dos Peares e no polideportivo da Peroxa






