Novas de Toén
O Castro de Trelle de Toén resulta ser máis antigo do calculado tras unha análise de carbono 14
Un estudo científico sobre restos de madeira achados no xacemento ourensán despraza a súa cronoloxía varias décadas cara atrás respecto do que se daba por feito ata o momento
A Deputación de Ourense destina preto de 747.000 euros a vinte concellos para recuperar vivenda de alugueiro
A segunda convocatoria do Plan Provincial de Vivenda eleva a 1,25 millóns o mobilizado nas súas dúas primeiras edicións, mentres se aproban outras axudas por máis de 1,12 millóns de euros
Seis concellos de Ourense reciben fondos para mellorar as súas infraestructuras deportivas
A provincia contará con seis actuacións estratéxicas, a maioría orientadas á mellora de instalacións deportivas municipais
A Deputación de Ourense inaugura en Toén o novo campo de fútbol das Pombeiras
A instalación, dotada de herba artificial e bancadas para preto de 300 espectadores, supuxo un investimento superior a 1,4 millóns de euros entre as tres administracións implicadas
Toén acollerá unha tarde de cine e música dedicada ao Entroido o 3 de outubro
O Centro de Interpretación do Entroido de Mugares proxectará documentais, un videoclip e unha campaña publicitaria, con entrada gratuíta e degustación de viño Ribeiro ao remate
Alberte Montes pecha en Toén a xira de “Galego pode selo calquera”
O actor e humorista actuará este sábado en Alongos cun espectáculo de humor incluído no programa FalaRedes da Secretaría Xeral da Lingua
Toén aprobará dedicar tres espazos públicos ás figuras tradicionais do Labardeiro, a Señorita e os Mazarucos
O Pleno deu luz verde por unanimidade á proposta presentada por unha Asociación Cultural Entroido de Mugares para bautizar prazas en Mugares, O Moreiro e Meaba
Toén ultima un novo campo de fútbol municipal para reforzar as instalacións deportivas do concello
O futuro recinto, que levará provisionalmente o nome de As Pombeiras, dará servizo aos clubs locais grazas a un proxecto financiado coa colaboración da Xunta, a Deputación de Ourense e o Concello
Rematadas obras de humanización en Moreiras cun investimento superior aos 400.000 euros
A actuación executada ao abeiro do Plan Hurbe incorpora novas zonas de lecer, equipamentos deportivos, melloras de accesibilidade e espazos de convivencia no núcleo de Toén
Bombeiros de Bulgaria realizan unha estadía formativa en Ourense para coñecer o modelo galego de loita contra incendios
A formación desenvolverase durante a primeira quincena de xullo no Centro Integral de Loita contra o Lume de Toén e noutras instalacións da Xunta
O Concello de Toén abrirá as piscinas municipais o 26 de xuño
As entradas poderán adquirirse tanto a través dunha plataforma de reservas en liña como directamente no bar das instalacións
O PP destaca o Centro integral de loita contra o lume de Toén como referente europeo en formación
Os populares salientan que durante o ano 2025 se impartiron un total de 25 cursos nos que participaron preto de 6.000 alumnos
Profesionais do SPIF fórmanse no Centro Integral de Loita contra o Lume de Toén
O centro acolle accións formativas sobre riscos extremos sobre incendios, sobre xestión emocional ou sobre uso de maquinaria lixeira
Toén celebra o éxito d súa primeira festa do maior, que reuniu a máis de 300 persoas
O acto contou coa presenza do presidente provincial, Luis Menor, que puxo en valor este tipo de iniciativas para recoñecer o papel dos maiores na sociedade
A I Festa do Maior de Toén suma máis de 200 persoas anotadas
O evento terá lugar o 25 de abril no pavillón do CEIP Saco e Arce
Luz verde ambiental á transformación de 17,1 hectáreas para viñedo no concello de Toén
A iniciativa para o cultivo de viñedo abrangue unha superficie de 17 hectáreas localizadas no monte veciñal en man común da Fenteira, na parroquia de Puga
Diez concellos ourensanos se beneficiarán de una nueva partida de ayudas a la cooperación de la Diputación
A institución provincial mobiliza 236.000 euros para os concellos de A Mezquita, Baltar, Cenlle, Esgos, A Gudiña, Paderne de Allariz, Ribadavia, Toén e Vilar de Barrio
Eventos
Crece a tensión entre Barbadás e Taboadela pola perda do obradoiro de emprego
O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, responde ás declaracións do socialista Álvaro Vila e insiste en que a perda do obradoiro foi motivada por un retraso na presentación da Conta Xeral de Taboadela
Toén contará por primeira vez cunha Festa do Maior
A xornada, dirixida a maiores de 65 anos, terá lugar o 25 de abril
Aberto o prazo para solicitar o Cheque Bebé 2026 no Concello de Toén
As axudas serán de 250 euros por cada menor nado ou adoptado entre o 1 de decembro de 2025 e o 30 de novembro de 2026
Toén mellora o saneamento municipal tras un investimento de preto de 110.000 euros
A última das actuacións levadas a cabo consistiu na rehabilitación dun treito de colector no lugar de Puga
COGAMI reforza a colaboración con sete concellos ourensáns para impulsar a inclusión de persoas con discapacidade
As accións realizáronse cos equipos municipais de servizos sociais en Toén, Paderne de Allariz, Pereiro de Aguiar, Taboadela, Coles, San Cibrao das Viñas e Barbadás
Toén comeza esta semana o ciclo de Talleres de Memoria de 2026
Contarán cun total de 33 sesións repartidas entre febreiro e xuño, e de setembro a decembro
Doce concellos ourensáns reciben nova maquinaria para reforzar a prevención de incendios forestais
Os novos tractores con rozadoira foron destinados aos concellos de Sandiás, Cenlle, Montederramo, Vilamarín, Lobios, Beariz, Ribadavia, Os Blancos, O Barco e Laza, así como ás mancomunidades de Celanova e Verín










