Novas de Nogueira de Ramuín
O Trail Ribeira Sacra celebra o seu décimo aniversario con récord de participación feminina e dorsais esgotados
A proba reunirá o 11 de outubro en Luíntra máis de 500 participantes de oito países e incorpora este ano as carreiras infantís TRS Rapaces e TRS Cativos
Nogueira de Ramuín organiza este sábado un curso gratuíto de defensa persoal para mulleres
A actividade celebrarase no pavillón municipal de Luintra e contará con dous, un para mulleres de entre 15 e 45 anos e outro para aquelas de máis de 45
A Deputación de Ourense organiza a sexta edición da Ribeira Sacra Cycling Road, con máis de 300 ciclistas
A proba, sen carácter competitivo, rexistra un aumento de inscritos do 25 % respecto ao ano anterior, con participantes procedentes de 18 provincias españolas
Nogueira de Ramuín chama á veciñanza a unha xuntanza sobre a súa Axenda Urbana
O encontro, fixado para o vindeiro 17 de setembro, pretende recoller as achegas da veciñanza sobre o futuro do municipio
A voz dos alcaldes: Raúl Soto, futuro rexedor de Nogueira de Ramuin
Raúl Soto, concelleiro de Turismo, Cultura e Deportes dende hai 24 anos, tomará o relevo de Julio Carlos Temes á fronte do Concello
O Fest Clásico Ribeira Sacra celebra a súa oitava edición do 23 ao 30 de agosto con cinco artistas internacionais
O festival incorpora este ano o piano en dous dos seus concertos, que se trasladan a auditorios por necesidades loxísticas, e mantén os seus tradicionais ensaios abertos ao público en Os Peares
David Perdomo levará o seu humor ao Mosteiro de Santo Estevo dentro do Verán Cultural de Nogueira de Ramuín
O actor e monologuista galego actuará o 14 de agosto no Claustro dos Bispos nun espectáculo que forma parte da programación estival organizada polo Concello
A XVI Andaina Solidaria de San Cristóbal de Armariz recada 720 euros para apoiar os proxectos de Adido e Aspamadis
A elevada participación na marcha solidaria permitiu achegar fondos á entidade e dar visibilidade ao seu labor de inclusión das persoas con discapacidade intelectual
"Danza no Claustro" porá fin á programación de verán do mes de xullo en Nogueira de Ramuín
O Verán Cultural continuará en agosto con concertos, cine ao aire libre, humor e actividades para todos os públicos
A XVI Andaina Solidaria de Armariz destinará a súa recadación a apoiar a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual
A cita celebrarase o 1 de agosto e os fondos obtidos coas inscricións contribuirán aos proxectos que desenvolven Adido e o Centro Especial de Emprego de Iniciativa Social Aspamadis
Esgos, Nogueira de Ramuín e Paderne de Allariz impulsan un programa de verán para o benestar, a formación e o empoderamento das mulleres
A iniciativa inclúe obradoiros, apoio psicolóxico, asesoramento xurídico e laboral, así como accións de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero.
Ecos de Moura organiza un obradoiro de herbas medicinais a vindeira fin de semana
Será na Escola de Moura, en colaboración con Alkimias Tres Herbas, e haberá que inscribirse
A CHMS destina arredor de 112.000 euros á limpeza de residuos no encoro de Santo Estevo
A actuación céntrase na retirada de restos vexetais e lixo acumulado tras as choivas do inverno para mellorar o estado do encoro
Regresa a Andaina Nocturna de Nogueira de Ramuín para celebrar a noite de San Xoán
As inscricións permanecerán abertas ata o 19 de xuño
Tecedora SóLODOS leva a Nogueira de Ramuín unha actividade centrada na sensibilización ambiental
Baixo o lema “Rexenerar o noso verde, xuntas e xuntos”, a proposta terá lugar este sábado e será de acceso libre e gratuíto
A Feira de Primavera de Luíntra trasládase ao pavillón municipal
Os postos de venda estarán abertos ao longo de todo este sábado
A Feira de Primavera de Luíntra celebrarase este sábado
A organización informa de que, no caso de mal tempo, a feira quedará aprazada para o 17 de maio
Eventos
A Asociación de Mulleres Rurais Ecos de Moura organizará clases de Fit Dance durante o verán
Haberá sesións dous días á semana, tras o éxito da última clase organizada pola asociación
A Xunta pide unidade no Congreso para lograr a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial da Unesco
Durante un encontro en Madrid, o responsable de Cultura pediu “involucrar a todas as forzas políticas con representación na Cámara” para apoiar unha candidatura que presentou como un “proxecto de país”
A Asociación de Mulleres Rurais Ecos de Moura organiza unha clase de baile este sábado
Será na Escola de Moura e combinará diversión e actividade física
Nogueira de Ramuín acollerá unha xornada orientada á dinamización da Ribeira Sacra
A cita, centrada no emprendemento e o networking, terá lugar no Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil o 15 de abril
O Trofeo Kickboxing Ribeira Sacra regresa este sábado a Nogueira de Ramuín coa súa oitava edición
O Pavillón Municipal de Luíntra volverá a acoller esta cita que reúne cada ano a centos de deportistas
A Deputación mobiliza máis de 423.800 euros en investimentos para 11 concellos e a mancomunidade da Comarca de Ourense
As actuacións benefician aos concellos de Beariz, Boborás, Castrelo de Miño, Cortegada, Cualedro, O Irixo, Lobeira, Montederramo, Riós, San Cibrao das Viñas e Vilar de Barrio, así como aos concellos da mancomunidade
A veciñanza de Nogueira de Ramuín participou nun taller de Ecopercursión da man da Asociación Ecos de Moura
O encontro, que abriu o calendario de actividades socioculturais 2026 da asociación, estivo dirixido polo músico e percusionista Didier Díaz









