Novas de Coles
A Escola Municipal de Música de Coles pechou o curso cun concerto no auditorio municipal
O alumnado e a banda ofreceron unha actuación de fin de curso que serviu para poñer o broche a un ano de aprendizaxe e formación musical
O Concello de Coles instala un banco coa bandeira LGTBI na praza do consistorio
A iniciativa simboliza a aposta pola diversidade e a convivencia baixo a mensaxe de “orgullosamente libres”
Nova xornada de asesoramento do proxecto Re-Habita Rural Lab no Concello de Coles
A sesión será este luns e está dirixida a persoas que desexen rehabilitar a súa vivenda e a propietarios que estean valorando dar un uso aos seus inmobles mediante a súa cesión ou transmisión
O Concello de Coles abre o prazo de inscrición para a Ludoteca de Verán
O programa está destinado a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e contará con propostas adaptadas ás diferentes idades
Coles celebra este domingo a súa I Feira de Antigüidades e Artesanía
Os postos estarán dispoñibles de 11.00 a 19.30 horas na Praza do Concello
O proxecto Re-Habilita Rural Lab logra resolver máis de 50 consultas sobre xeolocalización e mapeo de vivendas na primeira semana
Entre as principais conclusións, destaca que o 74% das vivendas analizadas precisan reformas importantes ou se atopan en estado de ruína, o que evidencia a necesidade de actuacións neste ámbito
Cheo absoluto na primeira función do VIII Certame de Teatro Afeccionado de Coles
O grupo de teatro de Coles foi o encargado de abrir o certame coa representación de “Os vellos non deben namorarse, ou sí”
A veciñanza de Coles gozou dunha xornada dedicada á natureza cun roteiro silvestre
Os participantes afondaron no recoñecemento de plantas e as súas propiedades a través de distintos espazos naturais do municipio
O Goberno destina 9 millóns á reparación de estradas en Ourense tras os danos dos temporais
Entre as actuacións promovidas polo Goberno de España destacan os traballos levados a cabo actualmente na N-525, ao seu paso por Cambeo
Susana Rodríguez convértese na primeira muller en ocupar a alcaldía de Coles
Rodríguez tomou posesión do cargo este sábado tras a renuncia de Manuel Rodríguez, abrindo unha nova etapa centrada na proximidade e no futuro do municipio
O CIM Mancomunidade de Santa Águeda entregou os premios do VI Certame “Enchemos de cor a Mancomunidade”
A iniciativa buscou promover a igualdade a través da creatividade e contou coa participación dos tres centros educativos da Mancomunidade, así como a Escola Infantil de Coles
O CIM Mancomunidade Santa Águeda organizará charlas gratuítas sobre aforro enerxético
A iniciativa levarase a cabo nos catro municipios que integran a mancomunidade: A Peroxa, Amoeiro, Coles e Vilamarín
COGAMI reforza a colaboración con sete concellos ourensáns para impulsar a inclusión de persoas con discapacidade
As accións realizáronse cos equipos municipais de servizos sociais en Toén, Paderne de Allariz, Pereiro de Aguiar, Taboadela, Coles, San Cibrao das Viñas e Barbadás
O CIM da Mancomunidade Santa Águeda convoca un concurso de debuxo infantil con motivo do 8M
Poderá participar o alumando dos colexios dos concellos de Amoeiro, Coles, A Peroxa e Vilamarín, así como das escolas infantís
A Deputación de Ourense destina preto de 290.000 euros a reforzar infraestruturas e servizos municipais
Etre as partidas hai unha achega de 100.000 para o mellora da conectividade en Allariz e máis de 7.500 euros para traballos de reparación e asfaltado de pistas nas localidades de Cambeo e San Lourenzo, en Coles
Escolares de Cenlle e Coles descubriron o oficio tradicional da elaboración de pandeiretas da man do programa ‘Artesanía na escola’
O artesán Xosé Manuel Sanín visitou o CEIP Carmen García Carrasco, de Cenlle, e o CEIP Plurilingüe Antonio Faílde, de Coles
Coles comezará os obradoiros de memoria o 9 de febreiro
As inscricións están abertas ata este mércores día 4
Eventos
O Concello de Coles entregou os premios do I Concurso de Iluminación e Decoración de Nadal
A iniciativa premiou aos lugares de Pobo de Sobrado, Camiño do Pilo e Belesar na categoría Espazos Comús, e Gustei, Quintás-A Barra e Vilarraz na categoría de Vivendas Particulares
Coles somete a información pública dúas ordenanzas para regular as taxas de auga e saneamento
O BOP recolle a exposición pública da aprobación inicial da subministración de auga potable e do saneamento, tratamento e depuración de augas residuais
A Subdelegación do Goberno de Ourense destaca a redución da sinistralidade grazas ao radar de Gustei, en Coles
A súa implantación, fai 10 anos, supuxo unha diminución da mortalidade próxima ao 90%, nun dos puntos negros históricos da rede viaria ourensá
Coles organiza unha festa Pre-Fin de Ano para o alumnado de 4º da ESO do CPI Antonio Faílde
Será este sábado, 27 de decembro, de 20:00 a 01:00 horas
O Concello de Coles dá inicio esta fin de semana ao seu Programa de Nadal no Auditorio
Este sábado terá lugar o tradicional Concerto de Nadal da Escola de Música e o domingo Papá Noel visitará aos nenos e nenas
Coles acolle este domingo a segunda edición do seu Mercado de Nadal
Os postos estarán abertos durante toda a xornada no Pavillón Municipal
Coles entregou os premios do III Certame “Letras contra a violencia” ao alumnado do CPI Antonio Failde
Con esta iniciativa, o Concello e o centro de ensino buscan promover o compromiso da mocidade contra a violencia machista a través das letras










