Novas de Amoeiro
Ourense presenta PeDRa'26, o festival de saberes que levará música, obradoiros e tradición a catro sedes da provincia
A sexta edición do festival de saberes presentouse este martes en Ourense e celebrarase en cinco xornadas repartidas por catro sedes da provincia, cunha previsión de máis de 1.200 asistentes
O Concello de Amoeiro abre a inscrición para a nova tempada de karate 2026-27
As clases, dirixidas a público infantil, adolescente e adulto, comezarán en setembro e impartiranse os martes e xoves na Casa da Cultura de Amoeiro
Amoeiro une deporte e solidariedade cunha andaina popular a favor da loita contra o cancro
A actividade, incluída na programación da Semana Cultural das Festas de Amoeiro 2026, contará con dous percorridos e destinará parte da recadación á Asociación Española Contra o Cancro
Amoeiro celebrará unha andaina solidaria con dous percorridos a favor da loita contra o cancro
A actividade, incluída na Semana Cultural das festas de 2026, terá lugar o 9 de agosto e destinará parte das inscricións á Asociación Española Contra o Cancro
O PPdeG conmemora o Día de Galicia en Amoeiro reivindicando a figura de Otero Pedrayo
Alfonso Rueda presidiu o acto celebrado no miradoiro de Bocarribeira, en Amoeiro, no que tamén participaron Luis Menor e Ana Méndez, quen puxeron o foco na defensa da identidade galega e no futuro de Ourense.
O cine de verán regresa a Amoeiro este venres coa proxección de 'Jurassic World: O Renacemento'
Será no Campo do Souto con entrada gratuíta para o público
Os Ateneos de Galicia homenaxearán a Ramón Otero Pedrayo en Trasalba polo 50 aniversario do seu pasamento
Será este sábado e incluirá unha programación cultural e simbólica en lembranza da figura do escritor e intelectual galego
Comeza en Amoeiro un curso gratuíto de Tai Chi grazas ao programa de fomento deportivo da Deputación
A actividade desenvolverase no pavillón municipal os mércores de xuño, xullo e setembro en horario de tarde e conta con inscrición aberta
A Escola de Música de Amoeiro celebrará o seu festival de fin o vindeiro xoves
O alumnado mostrará o traballo desenvolvido ao longo do curso nun evento aberto ao público
Amoeiro acollará este venres a saída do 59 Rally de Ourense
A competición arrancará pola tarde co primeiro tramo cronometrado, de 13,32 quilómetros
O Concello de Amoeiro celebra o éxito da IV edición da Feira de Antigüidades e Artesanía
O evento segue a ganar popularidade no municipio, consolidándose como un punto de encontro para afeccionados ao coleccionismo e á artesanía
A III Festa do Porco ao Espeto reuniu a máis de 200 persoas en Amoeiro nunha xornada de confraternidade
A celebración consolídase como unha cita de referencia no municipio tras a súa terceira edición
O programa “Cada vimbio conta” pon fin cunha xornada centrada na cooperación entre museos da provincia
A xornada final en Trasalba marca a clausura dun proceso de traballo colaborativo entre a Deputación, a UVigo e os museos da provincia, centrado en compartir experiencias, identificar retos comúns e fortalecer as redes culturais en Ourense
Amoeiro celebrou o Día das Letras Galegas con música e baile no Campo do Souto
O evento reuniu alumnado e profesorado das actividades municipais, a Banda de Gaitas e a Escola de Música e Baile Tradicionais Devalar
O obradoiro dual de emprego de Coles, Amoeiro e A Peroxa botará a andar proximamente
O programa formativo incluirá dúas especialidades: actividades auxiliares de albanelería e atención sociosanitaria en institucións
Agustín Gómez será o candidato do BNG á alcaldía de Amoeiro nas municipais de 2027
Enxeñeiro de formación e profesor de profesión, Gómez afirma que afronta a candidatura “con moita ilusión e moitas ganas de traballar a prol da veciñanza de Amoeiro”.
Amoeiro celebrará o 16 de maio a terceira edición da Festa do Porco ao Espeto
Para asistir será necesario mercar os billetes para o xantar antes do 12 de maio
Eventos
Todo listo para a VI Festa da Xuventude de Amoeiro
O grupo La Bamba e Marcos Kintana serán os encargados de poñer a música nesta edición
Amoeiro acolle este mércores unha charla sobre prevención de accidentes
A actividade está dirixida tanto a peóns como a condutores
Medrando Amoeiro impulsa unha recollida solidaria permanente de alimentos, roupa e xoguetes
As persoas interesadas en colaborar poden achegar produtos non perecedoiros como arroz, pasta, conservas ou leite, así como roupa en bo estado, xoguetes novos sen usar e na súa embalaxe orixinal e material escolar
Amoeiro fixo entrega dos premios do II Concurso Fotográfico do Nadal
Nesta edición, as gañadoras foron Cintia Piña, María Jesús González e Julia Fernández
A Deputación de Ourense aproba o Plan Provincial de Vivenda para impulsar o rural
O plan está dotado con 500.000 euros e busca incrementar o parque público de vivenda en alugueiro e facilitar o acceso á vivenda no rural
O PSdeG pide á Deputación de Ourense que se posicione en defensa dos concellos ante a Lei de Administración Local
Instan a defender ante o Parlamento de Galicia a supresión das fusións municipais obrigatorias sen referendo previo e a reformulación dos criterios de reto demográfico, que deixan fóra decenas de municipios ourensáns
Amoeiro remata os traballos de humanización da Praza da Concordia, en Parada
A actuación contou cun investimento total de 104.000 euros financiados entre a Deputación e o Concello









