A Asociación Comisión de Festas San Bernabé A Valenzá será a encargada de organizar as Festas da Valenzá 2026

O comité de valoración para elixir a candidatura para organizar as Festas da Valenzá do 2026, presidido polo tenente alcalde, Daniel Rey, reuniuse a pasada semana para avaliar as tres pospostas recibidas neste novidoso proceso de selección iniciado en xaneiro. Tras avaliar as propostas, o comité seleccionou a proposta presentada pola Asociación Comisión de Festas San Bernabé A Valenzá, que será a encargada de organizar os festexos.
O comité contou coa asistencia técnica do secretario da corporación, un funcionario da Policía Local, un funcionario de Protección Civil, un traballador do departamento de Cultura e un traballador da Escola de Música. O equipo valorou a de cada aspirante a calidade artística das agrupacións musicais e a organización de actividades deportivas, populares e de carácter lúdico que favorecerán a dinamización social e convivencia veciñal, segundo os criterios establecidos nas bases.