A Asociación Cultural Entroido Mugares crea a primeira Mostra Etno-Audiovisual dos Bens do Entroido

OurenseXa
Terá lugar o 4 de outubro na aldea de Meaba co obxectivo de poñer en valor esta tradición a través da linguaxe audiovisual
presentacion-meabe
14 Sep 2025

A aldea de Meaba, no concello de Toén, será o escenario o sábado 4 de outubro da primeira edición da Mostra Etno-Audiovisual dos Bens do Entroido (MEABE). O evento, organizado pola Asociación Cultural Entroido Mugares co patrocinio do Concello de Toén e a colaboración de Bodega Gandarela, dará comezo ás 16:30 horas.

A mostra, que nace coa vocación de celebrarse cada ano, centrará o seu programa na proxección de diferentes pezas audiovisuais arredor do Entroido e do seu patrimonio cultural. A iniciativa pretende poñer en valor esta tradición, achegando novas formas de coñecemento e difusión a través da linguaxe audiovisual.

⚙ Configurar cookies
0.17666006088257