A Casa dos Poetas de Celanova despide 2025 con poesía venezolana e unha sesión de curtametraxes

O próximo sábado 20 de decembro, a Casa dos Poetas de Celanova, xestionada pola Fundación Curros Enríquez, acollerá dous eventos para pechar a súa axenda anual. Ao mediodía, ás 12:00 horas, presentarase ‘Andares y sentires. Voces en diáspora’, unha obra que reúne poemas de 27 escritores venezolanos que viven fóra do seu país. Rosa Trujillo será a encargada de presentar este libro, acompañada pola actuación do grupo “Voces al sol”, pertencente á Asociación Cantaclaro de Galicia.
Pola tarde, ás 17:00 horas, terá lugar na Sala da Lareira a proxección de curtametraxes baixo o título “Curtas para o día máis curto”. A selección incluirá traballos que foron recoñecidos ou nominados nos Premios Goya.