A Cidade dos Muchachos: 20 anos do fin dun proxecto revolucionario
A finais dos anos 50, Jesús Cesar Silva Méndez, máis coñecido como “Padre Silva”, arrancaba en Benposta un proxecto revolucionario que pronto traspasaría as fronteiras ourensáns para impactar en todo o mundo.
Unha utopía comunista co posto foco nos nenos, onde os habitantes tiñan os mesmos dereitos. A cidade, que contaba con todas as necesidades para subsistir, chegou a albegar a máis de mil habitantes. Dentro dos máis de 200.000 metros cadrados que ocupa a propiedade, Silva acolleu aos que esperaba que se converteran nos futuros dirixentes revolucionarios dun mundo mellor. Preto de 50.000 nenos, especialmente orfos e refuxiados, pasaron polo lugar.
Mentres o resto do país estaba sumida na ditadura franquista, a Cidade dos Muchachos contaba coas súas propias eleccións democráticas e incluso coa súa propia moeda a súa propia canle de televisión.
A utopía comunista de Silva deu a volta o mundo logo da fundación, nos anos 60, do Circo dos Muchachos. En Benposta instalouse una carpa permanente chamada o Poliedro que, se dúbida, converteuse nun símbolo inconfundible do lugar. O circo foi pioneiro no seu ao non usar animais. Grazas a él, o proxecto de Silva deuse a coñecer en todo o mundo.
Hoxe, do que foi a Cidade dos Muchachos solo queda o que se conserva das instalacións. A chegada da democracia foi o principio do fin do soño de Silva que, cincuenta anos despois da súa creación, vía como tanto o circo como a escola pechaban as súas portas.
A finca conserva todavía en pé moitas das súas instalacións, como o Poliedro, a Igrexa ou a escola que, inda que abandonadas, seguen podendo visitarse.