A Deputación de Ourense colabora cunha xornada europea sobre prevención de lumes

San Xoan de Río acolle a primeira Xornada-Taller FIREPOCTEP+, que aborda cuestións como a sustentabilidade e a innovación na prevención de incendios forestais. Un encontro que continuará este venres, 15 de novembro, afondando o nas fontes de financiamento europeo e coa presentación de casos de éxito en xestión sostible e prevención de incendios.
FIREPOCTEP+, cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa Interreg VIN-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, busca fortalecer os sistemas de prevención e extinción de incendios forestais na área transfronteiriza entre España e Portugal.
A Fundación Finnova organizou este evento co apoio do Concello de San Xoán de Río, a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia, para reunir a beneficiarios do proxecto e actores crave. Os participantes tiveron a oportunidade de trazar a continuidade do proxecto, fomentar estratexias sostibles e explorar vías de financiamento europeo.
A xornada comezou con entrevistas e gravacións de microvídeos dos participantes para promocionar FIREPOCTEP+ e compartir boas prácticas na rexión transfronteiriza. A apertura institucional contou coa intervención do alcalde de San Xoán de Río, José Miguel Pérez Blecua, e o director xeral de Finnova, Juanma Revolta, quen tamén moderaron esta sección, na que participaron representantes de deputacións galegas, Xunta de Galicia, Universidade de Vigo, Protección Civil, e das administración autonómicas de Andalucía, Extremadura e Castela e León.
Un momento destacado foi o lanzamento da primeira edición do Concurso de Vídeo e Fotografía FIREPOCTEP+, que convida os participantes a mostrar o seu compromiso coa sustentabilidade en prevención de incendios.
A Xornada-Taller foi introducida por José Manuel Requena, coordinador do proxecto na Fundación Finnova. Esta incluíu unha dinámica sesión de análise do Programa SUDOE, na que se delinearon futuras alianzas e unha folla de roteiro para a convocatoria de proxectos de 2025, orientada a expandir a colaboración entre entidades ao redor da sustentabilidade e prevención de incendios. Esta sesión estivo dirixida a socios do proxecto e posibles entidades colaboradoras.
A xornada finalizou cun espazo de networking, onde os asistentes intercambiaron ideas e estratexias sobre sustentabilidade na xestión forestal. Este evento continuará o 15 de novembro cunha sesión formativa enfocada ás oportunidades de financiamento europeo e boas prácticas.