A Deputación de Ourense mobiliza máis de 817.000 euros en axudas a concellos e entidades da provincia

OurenseXa
Entre as achegas municipais destacan os 100.000 euros para mellorar a eficiencia enerxética do Auditorio Ilduara de Celanova ou os 48.000 euros para a mellora dun camiño no núcleo de Santirso
Xunta de Goberno da Deputación de Ourense
9 Sep 2025

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou na súa reunión desta semana a mobilización de 817.269,57 euros en axudas, das que 680.269,57 euros se destinan a 16 concellos da provincia e 137.000 euros a distintas entidades.

Entre as achegas municipais destacan os 100.000 euros para mellorar a eficiencia enerxética do Auditorio Ilduara de Celanova; 62.745,63 euros para substituír o alumeado na Canle e no Viso, en Lobeira; 50.000 euros para a pavimentación da rúa de acceso a Outeiro Grande, en Maside; 45.000 euros para o funcionamento da casa comunitaria de Castrelo de Miño; 50.000 euros para o conservatorio de Verín; 60.000 euros para actuacións de abastecemento, saneamento e arranxo de rúas en Cimadevila e reparación de fochancas en Laza; así como 48.000 euros para a mellora dun camiño no núcleo de Santirso, en Maceda. O resto das axudas repártense en diferentes proxectos de mellora de infraestruturas en Bande, Monterrei, Manzaneda, Castrelo do Val, San Cristovo de Cea, A Gudiña, Riós, San Amaro e Verea.

En materia supramunicipal, a Deputación destina 50.000 euros á Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria dos Concellos do Ribeiro para apoiar os seus gastos de funcionamento.

No apartado de entidades, a Federación Galega de Automobilismo recibe 35.000 euros para o proxecto Futuro Motor; a Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, Párkinson e outras enfermidades raras, 10.000 euros; o Campionato Provincial BTT Deputación de Ourense, 12.000 euros; a Asociación de Instaladores Eléctricos e de Telecomunicacións de Ourense e Provincia, 2.000 euros; a Feira do Libro de Ourense, 3.000 euros; a Copa de España DHI, 5.000 euros; e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, 20.000 euros para actividades de promoción do voluntariado e a súa xornada anual.

⚙ Configurar cookies
0.17613410949707