A Deputación de Ourense participa nun proxecto europeo sobre infraestruturas verdes

OurenseXa
A institución forma parte da iniciativa Green Gap, na que se integran outros dez socios galegos e portugueses, que conta cun orzamento de 2,1 millóns de euros para protexer e conservar a natureza dende o ámbito local
pazo-provincial-deputacion-de-ourense-recurso
Pazo Provincial, Deputación de Ourense
7 Apr 2025

A Deputación de Ourense, a través do proxecto europeo Green Gap, participa nun plan formativo pioneiro en materia de infraestruturas verdes, no que cooperan once socios galegos e portugueses. A Escola Galega de Administración Pública de Santiago de Compostela inaugurou hoxe estes cursos gratuítos, que chegarán a Ourense nos próximos meses con asuntos de relevancia como restauración ecolóxica resiliencia urbana e rural na zona transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal e no ámbito local.

O Green Gap, conta cun orzamento total de 2.178.853,15 euros (cofinanciado ao 75% polo FEDER a través do Programa INTERREG VI A España Portugal (POCTEP) 2021-2027), co que aspira dende o ámbito local a protexer, conservar e potenciar a natureza e os elementos que conforman a infraestrutura verde no espazo transfronteirizo. Para isto, preténdese impulsar a súa planificación, valorizando os ecosistemas naturais, o medio ambiente urbano e os servizos ecosistémicos.

Preténdese ademais a mitigación e adaptación aos efectos do cambio climático, deseñando unha paisaxe resiliente.

Coloquio sobre Axenda 2030

No marco desta iniciativa, a Deputación de Ourense, cun orzamento de 170.342,00 euros (cofinanciado ao 75% polo FEDER a través do Programa INTERREG VI A España Portugal (POCTEP) 2021-2027), levará a cabo actuacións centradas na organización dunha charla coloquio sobre Axenda 2030 e infraestruturas verdes, no desenvolvemento da Estratexia provincial de infraestruturas verdes e na execución dun proxecto piloto de infraestruturas verdes no encoro das Conchas (Muíños).

Once socios galegos e portugueses

Este proxecto europeo no que se integra a Deputación de Ourense está integrado por outros dez socios galegos e portugueses: o Instituto de Estudos do Territorio (Xunta de Galicia), o Municipio de Paredes de Coura, a Universidade da Coruña, a Universidade do Minho, o Municipio de Guimarães, o Laboratório da Paisagem - Associação Para a Promoção do Desenvolvimento Sustentável, a Fundación Centro de Estudios Eurorrexionais Galicia-Norte de Potugal, o Concello de Pontevedra, a Agência Portuguesa do Ambiente, o Instituto da Conservação da Natureza e das Florestas).

No marco deste proxecto e da Rede transfronteiriza de coñecemento e formación en Infraestructura Verde dá comezo hoxe a andadura da Green Gap Academy, un plan Formativo que inclúe cursos, obradoiros e charlas coloquio, deseñado por todos os socios.

Todas as actividades formativas ofreceranse ao longo dos próximos meses en diferentes formatos (presencial ou mixto), así como a través da páxina web do proxecto e das redes sociais do mesmo, contando sempre co coñecemento de profesorado e expertos especializados, con experiencia nas diferentes materias.

0.13830304145813