A Deputación incrementará as axudas á Federación de Comercio de Ourense

OurenseXa
O colectivo representa a máis de 1.500 establecementos e 13 asociacións sectoriais
luis-menor-beatriz-gomez
Luis Menor e Beatriz Gómez
14 Feb 2025

A Deputación de Ourense reforzará a colaboración existente coa Federación de Comercio de Ourense. O presidente provincial, Luis Menor, mantivo unha reunión de traballo coa presidenta da federación, Beatriz Gómez, para reiterar o compromiso da institución ourensá cun sector, dixo o presidente, “estratéxico para a economía, non só da capital, senón de toda a provincia”.

Luis Menor anunciou á directiva da Federación de Comercio que as axudas da Deputación de Ourense ao colectivo, que representa a máis de 1.500 establecementos e 13 asociacións sectoriais, incrementarase nos próximos anos. “A colaboración da Deputación, xa tradicional, incrementarase toda vez que é moi efectiva de cara a promoción do comercio”, sinalou o presidente provincial, que puxo en valor as necesidades de "cooperación e modernización” para que o comercio de proximidade se manteña e medre en Ourense.

Durante a reunión, formuláronse accións de promoción futuras e puxéronse en valor os resultados acadados ata agora a través da colaboración entre ambos organismos.
No actual mandato, a institución ourensá axudou á promoción do conxunto do sector do comercio local da provincia con axudas por valor de máis de 200.000 euros a asociacións e outros colectivos vinculados ao comercio de proximidade.

0.17537021636963