A Festa Infantil de Entroido de Barbadás reuniu a centos de nenos e nenas

O Concello de Barbadás celebrou este pasado luns pola tarde a tradicional Festa Infantil de Entroido, que reuniu centos de nenos e nenas do municipio nunha xornada de música, creatividade e diversión.
A actividade incluíu o Concurso de Desfraces, que mostrou unha pasarela con superheroes, cantantes, animais, pintores, princesas e outros personaxes que encheron de cor e entusiasmo o patio do CEIP Filomena Dato, lugar onde se trasladou o evento debido á previsión de chuvia.
O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, o tenente alcalde, Daniel Rey, e o concelleiro de Educación, José Manuel Morgade, acompañaron aos pequenos durante a celebración, destacando a importancia de fomentar actividades culturais e lúdicas para a infancia.
Segundo destaca o Concello, a xornada foi unha oportunidade para que os máis novos desfrutasen dunha festa participativa e divertida, consolidando o Entroido como unha das citas máis esperadas do calendario local.