A función 'ELLA', de Albert Boadella, chegará ao Teatro Principal

OurenseXa
Os vindeiros días 13 e 14 de decembro, terá lugar unha dobre función desta peza teatral protagonizada pola actriz e cantante María Rey-Joly
ella-abert-boadella
'ELLA'
8 Dec 2024

A función "ELLA", escrita e dirixida polo prestixioso dramaturgo Albert Boadella, chega ao escenario do Teatro Principal de Ourense cunha dobre función os días 13 e 14 de decembro.

A peza está protagonizada pola actriz e cantante María Rey-Joly, o pianista Rubén Sánchez e o violinista Alfredo Ancillo.

Sinopse

Ela sofre unha violación. Do mesmo xeito que nos accidentes violentos ou crueis, a mente tende ante isto a evocar unha gran cantidade de imaxes e sensacións que se afastan do trance brutal.

Nun ínfimo espazo de tempo poden condensarse actos, recordos e situacións que requerirían horas ou días para reconstruílos na memoria. Neste caso, para ela, pasado e futuro mestúranse nun intento de evadirse da humillación e do tormento.

As asociacións mentais do inconsciente faranse reais ante o espectador a través do canto e dalgúns impulsos mecánicos da súa vida cotiá, moi ligados á condición feminina. O que mentalmente supón o impacto traumático desenvólvese na obra baixo un tempo real.

⚙ Configurar cookies
0.16921901702881