A Fundación Cum Laude organiza este vindeiro venres unha nova conferencia do ciclo “Mirar el Arte”

OurenseXa
Neste caso, a actividade ofrecerá unha aproximación á expresión artística da performance da man de Neves Seara
mirar-el-arte-febreiro-2026
23 Feb 2026

A Fundación Cum Laude organiza unha nova edición do ciclo “Mirar el Arte”, que nesta ocasión levará por título “Neves Seara, performance, género y artivismo” e celebrarase o venres 27 de febreiro ás 19:30 horas no Centro Cultural José Ángel Valente.

A proposta ofrecerá unha aproximación á expresión artística da performance da man da propia Neves Seara, quen introducirá ao público nos conceptos de artivismo e performance desde as súas orixes latinoamericanas, abordándoos como unha forma de expresión artística con perspectiva social.

Durante a sesión, a artista realizará tamén unha selección de obras propias, tanto escenográficas como performativas, para explicar o enfoque que emprega ao traballar a perspectiva de xénero e a súa implicación coas raíces e a matria galega.

0.085726976394653