A Fundación Vicente Risco celebrou este sábado o seu Patronato anual

OurenseXa
Durante o encontro fíxose balance das actividades levadas a cabo ao longo de 2025 e abordáronse futuras liñas de traballo
padroado-fundacion-vicente-risco
23 Feb 2026

A Fundación Vicente Risco celebrou este sábado a súa Reunión Anual Ordinaria do Patronato, na que participaron os membros do propio Patronato, así como representantes dos organismos e institucións que forman parte deste órgano de goberno. Durante o encontro reafirmouse o compromiso co proxecto común e procurouse facer balance da actividade da fundación, compartir liñas de traballo e planificar os próximos pasos de xeito conxunto.

A fundación ten a súa sede na rúa San Lourenzo, en Allariz, na que foi a casa principal de María del Carmen Fernández Gómez, esposa de Vicente Risco. Alí, a fundación custodia os fondos bibliográficos, documentais e plásticos de Vicente Risco e do seu fillo Antón.

0.35382699966431