A Peroxa acolle un curso sobre coñecemento básico do ordenador para nenos de 4 a 16 anos

O Concello de A Peroxa organiza unha actividade gratuíta para nenos e nenas de 4 a 16 anos, residentes no municipio e na contorna rural, chamada Exploradores Dixitais. Esta iniciativa celebrarase os días 29, 30 e 31 de decembro, en horario de 10:00 a 12:00 horas, no baixo do Concello, dentro do Campamento de Nadal.
Durante estas sesións, os participantes aprenderán sobre o coñecemento básico do ordenador, o uso seguro de internet, edición de imaxes e comunicación dixital.
Para participar, é necesario cubrir unha autorización no propio Concello. Para máis información e inscricións, pódese contactar no teléfono 988 20 66 14.