A Peroxa repartirá este martes 1.375 euros en premios no Desfile de Disfraces e Comparsas do Entroido

Grazas por contactar con nós. O martes 17 de febreiro, A Peroxa encherase de cor, música e diversión para celebrar o Entroido. As actividades comezarán ás 17:00 horas cunha concentración na Praza do Concello, e ás 17:30 dará comezo un desfile polas rúas do pobo.
Ao remate do percorrido, os participantes serán convidados a unha chocolatada no Polideportivo, onde se realizará tamén a entrega de premios. Haberá recoñecementos para comparsas, parellas e individuais. A mellor comparsa recibirá 450 euros, a segunda mellor 300 euros e a terceira 200 euros. O galardón á mellor parella será de 200 euros, mentres que o premio especial do xurado será de 125 euros e o premio individual de 100 euros.