A Real Filharmonía de Galicia actuará este mércores no Tetro Principal de Ourense
A Real Filharmonía de Galicia actuará este próximo mércores 7 de febreiro ás 20.00 horas no Teatro Princial de Ourense, onde representará a peza “Mestres das cortes reais”, dirixida por Enrico Onofri.
As entradas poden adquirirse ate o día do evento a través de ataquilla.com ou na ventanilla do Teatro Principal.
A Real Filharmonía de Galicia créase no ano 1996 en Santiago de Compostela, e ten a súa sede permanente no Auditorio de Galicia, na cidade de Santiago de Compostela. Está formada por cincuenta músicos de 17 nacionalidades diferentes. Baldur Brönnimann é, desde xaneiro de 2023, o seu director titular e artístico; Maximino Zumalave o seu director asociado e Joana Carneiro a principal directora convidada. Coa orquestra colaboran os máis destacados directores, cantantes e instrumentistas de todo o mundo.
A RFG está comprometida en achegar a música clásica a todo o territorio galego, aos públicos máis novos e destaca, ademais, o seu compromiso co patrimonio musical galego. Xestionada polo Consorcio de Santiago, a RFG está financiada pola Administración Xeral do Estado, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago.
Programa “Mestres das cortes reais”
Este programa podería titularse «xoias dos mestres das cortes reais». Comeza co napolitano Domenico Scarlatti, brillante e prolífico compositor de sonatas (escribiu máis de 550). Foi mestre da corte en Madrid despois de percorrer Europa, influencia que se deixa sentir na Sinfonía en Do Maior para cordas e baixo continuo. Mestre da corte portuguesa tamén foi Pietro Giorgio Avondano, dotado dunha gran vea dramática que emerxe na súa Sinfonía para cordas e baixo continuo. A enorme produción de Luigi Boccherini, músico na Corte de Felipe V, quedou eclipsada pola fama da súa Musica Nocturna nas rúas de Madrid, malia estar convencido de que non podería entenderse fóra do país. Súa é tamén a última obra, a Sinfonía núm. 6 A casa do demo, título enigmático que non se debe ao compositor. A partitura perdeuse durante a Guerra Civil, chegando ata hoxe a través dunha copia francesa.