A Subdelegación do Goberno pon en valor o “triángulo cultural” de Ourense no Día do Libro

OurenseXa
O subdelegado explicou que a Biblioteca Nós, o Arquivo Histórico Provincial e o Museo Arqueolóxico supoñen “unha inversión transformadora” do Goberno que supera os 46 millóns de euros
eladio-santos-biblioteca-nos
Eladio Santos durante unha visita á Biblioteca Nós
23 Apr 2025

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, celebrou hoxe “a aposta decidida” do Executivo central pola cidade de Ourense co impulso ao “triángulo cultural”, en alusión á Biblioteca Pública Nós, o Arquivo Histórico Provincial e o Museo Arqueolóxico, tres infraestruturas transformadoras nas que o Goberno inviste máis de 46 millóns de euros para o desfrute desta e as seguintes xeracións.

Así se expresou o subdelegado nunha visita realizada esta mañá á Biblioteca Pública do Estado Nós con motivo do Día do Libro e do Dereito de Autor. “É un pracer conmemorar esta xornada nun lugar que representa coñecemento, acceso á cultura e espazos abertos á cidadanía”, resaltou Santos, que estivo acompañado pola directora do centro, Rosa Díaz, e pola deputada no Congreso Marga Martín.

Tamén quixo recordar que esta biblioteca inaugurada no 2019 tras un investimento de máis de 12 millóns de euros “fixo posible que pequenos e maiores desfruten dun lugar público para ler, investigar e aprender”. A esta inversión transformadora, explicou, súmanse os 15 millóns investidos na reforma do antigo convento de San Francisco que acolle o Arquivo Histórico Provincial de Ourense e os máis de 19 millóns destinados ás obras e ao contido do Museo Arqueolóxico Provincial, unha rehabilitación que está en marcha. “O Goberno é a Administración que inviste nesta cidade nuns tempos nos que lamentablemente escasea a actividade cultural”, remarcou Santos.

Hoxe, 23 de abril, subliñou o subdelegado do Goberno, homenaxéase unha data que “recoñece a figura do autor e procurase o fortalecemento da industria editorial, que goza de boa saúde na provincia de Ourense”. Segundo a Estatística da Edición Española de Libros, o número de libros inscritos en ISBN na provincia medrou preto dun 77% no 2024, con respecto o 2019, ano de inauguración deste centro e previo á pandemia, unha etapa na que os libros foron “compañeiros fundamentais”.

⚙ Configurar cookies
0.16439294815063