A terceira edición dos Premios de Humanización da Área Sanitaria de Ourense pon a saúde mental no seu eixo central
A rehabilitación e implicación na comunidade dos pacientes ingresados na Unidade de Rehabilitación Psquiátrica de Piñor “Rehabilitación na Comunidade” e o proxecto piloto de mellora da transición post-hospitalaria para as familias de pacientes con dano cerebral, da Asociación Dano Cerebral Adquirido (DCA Ourense), recibiron o primeiro premio nas categorías de profesionais e pacientes na terceira edición dos Premios de Humanización da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras.
Ante a calidade das iniciativas finalistas, o xurado decidiu entregar ademáis dous accesit en cada categoría, que recairon nas propostas “Coñece o teu centro de saúde” do Equipo de Saúde Comunitaria de Atención Primaria e “Crecendo con AFAOR” da Asociación de Familiares e Enfermos de Alzheimer de Ourense.
Este concurso de ideas ten por obxectivo coñecer e poner en práctica iniciativas que contribúan á mellora da humanización da asistencia nos centros de saúde hospitalaria públicos de Ourense, escoitando directamente as propostas sas asociación de pacientes e dos profesionais. Todas as iniciativas de humanización premiadas serán desenvoltas nos centros de saúde e hospitais públicos de Ourense.
Ademais da satisfacción de aplicar na asistencia as ideas aportadas, os proxectos seleccionados recibirán un premio en metálico, que nesta ocasión repartirase en 2.000 euros para os primeiros premios e 1.000 euros para os accesit.
Traballo en equipo
Os autores do proxecto de profesionais premiado “Rehabilitación en Comunidade” foi elaborado por Jesús Balnón Ortiz, Ana Mª Sieiro Hermida, Susana Garrido Villaverde, Nuria Enriquez Parriego e Martín Estévez Abad, e Marta González, do Servizo de Psiquiatría de Piñor.
Esta novidosa iniciativa de participación e compromiso coa humanización, sen precedentes a nivel estatal, naceu en 2020, antes da declaración da pandemia, e ten como obxectivo recoller as achegas das persoas mais próximas aos pacientes, e que coñecen mellor as súas necesidades: profesionais e asociacións de pacientes, para integrar o seu criterio, e percepcións, nos proxectos de humanización a desenvolver pola sanidade pública de Ourense. Integrándose ademais na estratexia do Sergas de Humanización.
Como en edicións a anteriores os premios tiveron un gran éxito de participación, con 37 proxectos inscritos. De todos eles 21 foron seleccionados como finalistas, 12 de profesionais e 9 de asociacións, que foron defendidos esta mañá na xornada de difusión.