A Unidade de Estomaterapia do CHUO crea un grupo de axuda mutua para pacientes ostomizados

OurenseXa
O Hospital Universitario de Ourense celebrou este sábado o Día Mundial do paciente ostomizado baixo o lema “Camiñando xuntos”
Unidade de Estomaterapia do CHUO
Unidade de Estomaterapia do CHUO
6 Out 2024

Baixo o lema “Camiñando xuntos”, a unidade de coloproctoloxía e ostomías do Hospital Universitario de Ourense celebrou este sábado, 4 de outubro, o Día do paciente Ostomizado cunha serie de actividades orientadas cara os pacientes e os seus familiares. Durante a mañá do venres, a Asociación ACCU Ourense en colaboración co Servizo de Atención ao paciente e Humanización da Área Sanitaria instalaron unha mesa informativa na entrada ao Hospital e posteriormente tivo lugar unha charla educativa destinada aos pacientes que foi impartida pola nutricionista do Centro de Saúde de O Couto, María Piñón.

O Día Mundial do Paciente Ostomizado, que se conmemora cada 5 de outubro sirve para contribuír á inclusión na sociedade de todos estes pacientes, ademais de concienciar á poboación da cantidade de obstáculos e barreiras que teñen que enfrontar diariamente para poder seguir adiante coas súas vidas despois dun procedemento cirúrxico que deixa secuelas físicas e emocionais.

A persoa ostomizada é aquela que tras unha cirurxía realízaselle unha abertura artificial no abdome, o que se chama un estoma, e sobre esa abertura ten que levar unha bolsa para recoller as feces ou os ouriños. As principais causas que levan a unha persoa a que se lle practique unha ostomía poden ser o resultado de distintas patoloxías ou enfermidades intestinais, que van desde unha inflamación ata padecimientos máis complexos como un tumor maligno (cancro colorrectal ou de vexiga) ou algún accidente. Tamén pode deberse a factores xenéticos debido a unha malformación e dunha afección chamada diverculitis, a cal produce que o intestino presente uns pequenos abultamientos.

En España calcúlase que hai aproximadamente unhas 100.000 persoas ostomizadas e cada ano súmanse unhas 16.000. En Galicia son un total de 5.000 persoas ostomizadas e na provincia de Ourense cada ano realízanse ao redor de 150.

A enfermeira da unidade de ostomías, María Riveiro García, salienta que “ter unha ostomía non é fácil, produce no paciente a aparición de multitude de sentimentos negativos como son, entre outros, a tristeza, o medo e a ansiedade”. No ano 2018 poñíase en marcha no CHUO a consulta específica de Estomaterapia con espazo e persoal propio para ofrecer continuidade e calidade na atención que realiza un seguimento integral a estes pacientes desde o diagnóstico ata despois do alta promovendo o autocuidado.

A enfermeira estomaterapeuta é unha referencia e apoio moi importante para as persoas ostomizadas ou que se van a someter a unha ostomía, informándolles sobre o manexo de dispositivos, como alimentarse e vestirse ou aspectos relativos á sexualidade ou a práctica deportiva tras unha ostomía. María Riveiro destaca que desde a unidade “ofrecemos un soporte integral no que respecta ao aspecto físico, psicolóxico e social. O soporte familiar e a atención profesional personalizada son indispensables na adaptación da persoa a esta nova situación. Sendo o máis importante o empoderamento do paciente”.

Segundo a enfermeira o obxectivo é conseguir levar unha vida o máis parecida á que tiñan antes da intervención, que poidan seguir coa súa vida como o facían antes da intervención e ver a bolsa de ostomía non como “o problema” senón como a solución.

A unidade de ostomías do CHUO creou este ano 2024 un “Grupo de Axuda Mutua” que está formado por persoas ostomizadas, os seus familiares e coidadores e que supón un espazo no cal diversas persoas que comparten este mesmo problema ou dificultade reúnense para tentar superar ou mellorar a súa situación. A participación en grupo aumenta a súa autoestima, favorece o afrontamiento e adaptación e sobre todo tenta mellorar a súa calidade de vida.

Neste grupo de axuda mutua os pacientesostomizados poden falar da súa enfermidade, de todo aquilo que llse preocupa, normalizando a situación, intercambiando apoio emocional, comprendendo aos demais, escoitando e non xulgando. Estas reunións diminúen a súa ansiedade, o medo e a angustia ante esta nova situación e sirve para aumentar coñecementos e habilidades, posibilitando a súa independencia e diminuíndo as posibles complicacións que se lles podan presentar.

A nutricionista do Centro de Saúde de O Couto, María Piñón, impartiu esta mañá unha charla sobre “a nutrición no paciente ostomizado, desmontando mitos” nos que resaltou a importancia de que “non existan carencias na alimentación dos pacientes ostomizados para manter unha boa calidade de vida evitando as posibles complicacións como poden ser as obstruccións, o estreñemento, as diarreas ou os gases”. Tamen incidiu na importancia dunha axeitada alimentación como arma de prevención para desenvolver enfermidades como poden ser o cancro de colon, a enfermidade de Chron ou a colitis ulcerosa e que poidan derivar nunha ostomía permanente.

0.19313097000122