A veciñanza de Rabo de Galo acolleu un obradoiro sobre alimentación saudable
OurenseXa
A actividade foi impartido pola nutricionista do Centro de Saúde do Couto, María Piñón
Obradoiro de saúde na AVV Rabo de Galo
16 Out 2024
Os veciños e veciñas de Rabo de Galo acolleron no seu local veciñal un Obradoiro de Saúde sobre alimentación saudable impartido pola nutricionista do, do Centro de Saúde do Couto, María Piñón, e que se enmarca dentro das actividades de saúde comunitaria que levan a cabo os profesionais sanitarios da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras.
A iniciativa permitiu achegar información sobre hábitos de alimentación saudable, así como aclarar dúbidas e falsos mitos das asistentes sobre alimentación. Foi, ademais, unha oportunidade tamén para dar a coñecer o servizo de apoio de nutrición que tan boa acollida tivo no centro de saúde do barrio.