Aberto o prazo de inscrición nas Escolas Culturais de Allariz 2025-2026

O Concello de Allariz abriu esta semana o prazo de inscrición para as Escolas Culturais 2025-2026, que este ano contan cuna ampla oferta que inclurá clases de piano para iniciación e perfeccionamento, linguaxe musical, música tradicional con gaita e percusión, guitarra, pandeireta, e música e movemento. Tamén se ofrecen clases de pintura destinadas a nenos e nenas.
O prazo de inscripción estará aberto ata o 26 de setembro e as prazas son limitadas, polo que o Concello anima a formalizar a inscrición canto antes. Para máis información e matrícula, pódese contactar coa Casa da Cultura chamando aos teléfonos 988 440 859 ou 607 592 016, ou enviando un correo electrónico a cultura@allariz.gal.