Allariz acollerá unha xornada sobre paisaxismo enfocada na arte do xardín efémero

OurenseXa
Terá lugar o 3 de outubro no Fogar dos Maiores e está organizada pola Asociación Española de Paisaxistas
festival-internacional-xardíns-de-allariz
9 Sep 2025

A Asociación Española de Paisaxistas (AEP) celebrará o vindeiro venres 3 de outubro en Allariz unha xornada baixo o lema “Imaxinación en flor: a arte do xardín efémero”.

O encontro terá lugar no Fogar do Maior e reunirá a especialistas, académicos e profesionais do paisaxismo. O programa inclúe conferencias, mesas de debate, experiencias creativas e unha visita ao Festival Internacional de Xardíns de Allariz, convertido xa nun referente europeo.

Entre os participantes figuran Francisco García, director do festival, os paisaxistas e membros da AEP Íñigo Segurola e Sinda Dávila, así como José Souto, de Innova Paisaxes. Ademais, representantes de diferentes universidades e escolas de paisaxe intervirán nunha mesa redonda dedicada á creatividade no deseño efémero.

A xornada completará a súa programación coa entrega dos premios Xardín Galego de AGAEXAR, unha sesión de Pecha Kucha a cargo de estudantes de paisaxismo e unha visita guiada ao festival.

⚙ Configurar cookies
0.17979907989502