Allariz organiza esta semana dúas actividades infantís no Fogar dos Maiores

OurenseXa
O Concello de Allariz, a través da súa Área de Benestar Social, programou dúas actividades dirixidas aos máis pequenos no Fogar dos Maiores, co obxectivo de combinar diversión, aprendizaxe e creatividade
contos-musica-e-danza-allariz
24 Feb 2026

A primeira proposta, centrada en instalacións de xogo, desenvolverase o venres 27 de febreiro e está destinada a nenos e nenas de entre 6 meses e 2 anos. A actividade terá lugar de 17:00 a 17:45 horas.

O sábado 28 de febreiro ofrecerase unha sesión de música, contos e danza para nenos e nenas de 2 a 6 anos, con dous quendas: de 11:00 a 12:00 e de 12:00 a 13:00 horas. Ambas as actividades celebrarase no segundo andar do Fogar dos Maiores.

Desde o Concello lembran que as prazas son limitadas e animan ás familias interesadas a formalizar a inscrición chamando aos teléfonos 988 55 40 59 ou 638 61 46 91.

Estas iniciativas buscan que a infancia poida gozar, aprender e desenvolverse a través do xogo, a música e a imaxinación.

0.093756914138794