Amoeiro acollerá a finais de setembro un roteiro para coñecer a contorna de Trasalba

OurenseXa
Será o 28 de setembro e partirá da Casa Museo Otero Pedrayo
Imaxe da Fundación Ramón Otero Pedrayo, Pazo de Trasalba
Pazo de Trasalba
13 Sep 2025

Amoeiro acollerá o 28 de setembro unha actividade que levará aos participantes a coñecer a contorna do Pazo de Trasalba. Baixo o título ‘Camiñando Trasalba’, o roteiro comezará ás 09:30 horas, con saída desde a Casa Museo Otero Pedrayo.

O percorrido terá unha lonxitude aproximada de 10 quilómetros e inclúe xantar, explicacións ao longo do traxecto, seguro de accidentes, sorteos e agasallos para os participantes. O prezo de inscrición é de 10 euros.

As persoas interesadas poden formalizar a súa participación chamando ao 638 189 739 ou enviando un correo a fundacion.otero.pedrayo@gmail.com.

⚙ Configurar cookies
0.17075395584106