Amoeiro acollerá un curso básico de competencias dixitais dentro do programa “Reto Rural Dixital”

OurenseXa
Será do 23 ao 15 de febreiro na Casa da Cultura
Uso móvil xenérica
18 Feb 2026

O Concello de Amoeiro organiza un curso básico de formación dixital dentro do programa “Reto Rural Dixital”, que se celebrará os días 23, 24 e 25 de febreiro, en horario de 16:00 a 19:00 horas, na Casa da Cultura do municipio.

O curso abordará temas como o uso básico do móbil, seguridade no dispositivo, aplicacións do día a día, detección de bulos e noticias falsas, redes sociais e creación de contidos audiovisuais.

Ademais, está previsto un curso avanzado do 2 ao 4 de marzo, tamén de 16:00 a 19:00 horas, centrado en uso responsable da tecnoloxía, seguridade en Internet e redes sociais, cidadanía e identidade dixital, intelixencia artificial, e infancia e tecnoloxía.
Cada curso conta con 15 prazas destinadas a persoas empregadas no Concello de Amoeiro. As inscricións e a información poden solicitarse nos teléfonos 988 281 000 e 679 349 236.

⚙ Configurar cookies
0.09343695640564