Amoeiro acollerá unha Festa de Fin de Ano na Casa da Cultura
OurenseXa
Estará amenizada por DAB Music e contará con entrada gratuíta

28 Dec 2025
A veciñanza de Amoeiro poderá gozar dunha Festa de Fin de Ano 2025 na Casa da Cultura, que se celebrará na noite do 31 de decembro ao 1 de xaneiro a partir da 01.00 horas. A festa estará amenizada por DAB Music e contará con entrada gratuíta.
O evento está organizado pola Comisión de Festas de Cornoces en colaboración co Concello de Amoeiro e está dirixido a veciñanza e visitantes que queiran celebrar a chegada do novo ano no municipio.