Amoeiro organiza unha charla sobre sexualidade e saúde desde unha perspectiva feminista

O Concello de Amoeiro convida ás mulleres de todas as idades a participar na charla “Sexualidade e saúde: entendendo os cambios”, na que se abordarán os cambios físicos e emocionais ao longo da vida desde unha perspectiva feminista, promovendo a comprensión da saúde sexual e integral.
A actividade, que forma parte do Espazo Feminista para a Saúde e o Benestar Físico e Mental, celebrarase este xoves 11 de setembro de 2025, ás 18:30 horas, na Casa da Cultura de Amoeiro.
É unha oportunidade para reflexionar sobre a saúde das mulleres, compartir experiencias e resolver dúbidas nun ambiente aberto e participativo.