Ao redor de 50 alumnos do CEIP Curros Enríquez aprenderon sobre a flora exótica invasora

OurenseXa
O obradoiro foi impartido pola Asociación Amabul
310DB306-6040-47C8-8C76-B26C80ABAB80
8 Oct 2024

A Xunta de Galicia vén de poñer en marcha, por terceiro curso consecutivo, o Programa de divulgación da problemática das especies de flora exótica invasora en centros educativos da comunidade.

Segundo explicou hoxe a directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, nesta edición esta actividade divulgativa, que desenvolve a asociación medioambiental Amabul con financiamento de preto de 20.000 euros da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, está previsto que chegue a preto de 7.500 alumnos de 26 centros de educación infantil, primaria e secundaria de Galicia.

O programa inclúe a instalación e cesión da exposición itinerante ‘Unha ameaza chegada dun espazo exterior’, a realización de obradoiros ambientais sobre a problemática da flora exótica invasora e a entrega dunha unidade didáctica sobre esta cuestión para promover entre o alumnado a necesidade de erradicar estas especies dos espazos naturais galegos para protexer a nosa biodiversidade.

Nesa liña, Marisol Díaz participou hoxe no obradoiro que representantes de Amabul impartiron no CEIP Curros Enríquez, de Ourense, onde ao redor de 50 alumnos de quinto e sexto de educación primaria realizaron unha visita guiada á exposición e participaron nun xogo ambiental para mellorar a súa comprensión sobre a flora exótica invasora.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17741298675537