APSOU conmemora o Día Nacional das Linguas de Signos

OurenseXa
"Aínda existen numerosos desafíos e barreiras que debemos superar para garantir unha verdadeira igualdade de oportunidades para as persoas xordas en todos os aspectos da vida", sinala o presidente de APSOU, Marín Luis Becerra
Imaxe da Asociación de Persoas Xordas de ourense
14 Jun 2024

Este venres, 14 de xuño, conmemórase o Día Nacional das Línguas de Signos. Por este motivo, a Asoaciación de Persoas Xordas de Ourense, APSOU, ten instalada unha mesa informativa na rúa do Paseo, onde levaranse a cabo distintas actividades ao longo do día. Xa pola noite, a Ponte Romana de Ourense e o Pazo Provincial da Deputación iluminaranse  para conmemorar este día.

Precisamente, este 2024, APSOU cumple 50 anos de historia. Para celebralo, levarán a cabo diversos actos co obxectivo de sensibilizar á sociedade sobre as necesidades e os dereitos das persoas xordas. Martín Luis Becerra, presidente de APSOU, explicaba nunha entrevista a este medio en qué consisten estos actos, así como a importante labor que dende a asociación levan a cabo para mellorar a calidade de vida das persoas xordas en Ourense.

"Para conmemorar o noso 50 aniversario, planificamos dous eventos principais que terán un impacto significativo na sociedade. En primeiro lugar, o 29 de xuño celebraremos un acto institucional especial en honra ao noso medio século de existencia. Este evento será unha ocasión para reflexionar sobre os nosos logros pasados, así como para proxectar novas metas e continuar o noso compromiso coa comunidade xorda", sinalaba o presidente da asociación.

Ademais, o 28 de setembro, no marco do Día Internacional das Persoas Xordas, "organizaremos unha serie de actividades variadas destinadas a sensibilizar á comunidade sobre as necesidades e os dereitos das persoas xordas. Estas actividades incluirán eventos culturais, charlas informativas, talleres prácticos e outras iniciativas para promover a inclusión e a igualdade de oportunidades para as persoas xordas na nosa sociedade".

Tal e como explica Becerra, "APSOU nace nunha época na que as persoas xordas enfrontaban enormes desafíos debido á falta de acceso a información, intérpretes, tecnoloxía e outros recursos que lles permitisen participar plenamente na sociedade. Ante esta realidade, un grupo de persoas xordas decidiron unir as súas forzas e fundar a Asociación".

Desde os seus inicios, a asociación estivo en constante movemento, loitando incansablemente para lograr a accesibilidade en todos os aspectos da vida das persoas xordas. Esta loita continúa ata o día de hoxe, e a asociación segue traballando arduamente para garantir que as persoas xordas poidan gozar dos mesmos dereitos e oportunidades que o resto da sociedade, asegura o presidente de APSOU.

Becerra insiste en que a pesar dos importantes avances que se veneno realizando nos último anos de cara á inclusión das persoas xordas, "aínda existen numerosos desafíos e barreiras que debemos superar para garantir unha verdadeira igualdade de oportunidades para as persoas xordas en todos os aspectos da vida".

Por iso, aseguraba na entrevista, "a nosa principal liña de acción céntrase na protección e promoción da nosa lingua e cultura xorda. Traballamos arduamente con profesionais especializados para ofrecer unha ampla gama de servizos destinados ás persoas xordas da provincia de Ourense. Estes servizos abarcan áreas vitais como educación, emprego, acceso á información e participación na vida social e comunitaria".

APSOU atende na provincia de Ourense ao redor de 3000 persoas xordas de diversos tipos, co obxectivo de garantir que poidan gozar dunha vida plena e satisfactoria, respectando a súa identidade e promovendo a súa inclusión en todos os aspectos da sociedade

 

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19312691688538