Arranca o Entroido en Celanova con actividades para todas as idades

OurenseXa
O sábado haberá baile e unha ruleta do amor para conmemorar San Valentín
entroido-celanova-2026
13 Feb 2026

Celanova comeza este venres coas celebracións do Entroido de 2026 co tradicional desfile dos centros educativos da vila. O sábado, para conmemorar San Valentín, a festa comezará na Alameda coa ‘Ruleta do Amor’ de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas. A partir das seis da tarde, a Praza de Abastos será o escenario do Baile de Entroido – Valentín, ao que haberá que acudir disfrazado.

O domingo terá lugar o Entroido Pequeño no Paavillón Pedra da Moa e o 18 será o Enterro da Sardiña. Para rematar, o sábado 21terá lugar o Desfile de Piñata, con música e premios.

⚙ Configurar cookies
0.082297086715698